Dina
Dina
[ONOM]
Nome bíblico de orixe discutida. Pode relacionarse co grego δύνα ‘forza’ ou co hebreo din ‘xulgar’. Tamén pode considerarse hipocorístico de nomes femininos rematados en -dina, coma Blandina ou Claudina, ou mesmo, variante de Digna. O correspondente masculino, Dino, é menos frecuente. A lenda conta que Dina ou Dinah, filla de Xacob e Lea, foi raptada e violada por Xequem, fillo do hivita Hamor; despois namorouse dela e díxolle a seu pai que falase con Xacob para concertar o casamento. Hamor e Xacob acordaron xuntar as súas familias; pero Simeón e Leví, fillos de Xacob, colleron as súas espadas, mataron a todos os xequemitas e roubáronlles os bens, os fillos e as mulleres. A súa festividade celébrase o 2 de xuño.