dinamismo
dinamismo
(< grδύναμις ‘forza’ + -ismo)
-
s
m
Calidade de dinámico.
Ex: A pesar da súa avanzada idade conserva o dinamismo da súa mocidade.
Sinónimos: vitalidade. Antónimos: pasividade. Confrontacións: actividade. -
s
m
[FILOS]
Teoría filosófica que ve na forza e nas súas combinacións a determinante das propiedades dos corpos. Oponse ao mecanicismo e a toda idea de casualidade.
-
s
m
[RELIX]
Crenza dalgunhas culturas nunha forza vital impersoal, omnipresente na natureza pero concentrada en diversos obxectos, animais e persoas, que dotaba de poder ao que a posuía, facéndoo á vez intérprete do sagrado.