dinar
(<ár dīnār < lat denarĭu)
-
s
m
[NUMIS]
Moeda de ouro musulmá que comezou a ser cuñada a finais do s VII. Nun primeiro momento imitou os esquemas tipolóxicos e metrolóxicos bizantinos, pero a partir da reforma monetaria do califa ‘Abd al-Malik ibn Marwān (685-705), a súa tipoloxía volveuse totalmente epigráfica en árabe e o seu peso fixouse en 4,25 g. Cando se suspenderon as emisións áureas do ano 745 ao 936 en Al-Andalus, foron retomadas por ‘Abd al- Raḥmān III no ano 936, cun peso de 3,85 g.
-
[ECON]
-
s
m
Unidade monetaria de diversos países.
-
dinar alxerino
Unidade monetaria principal de Alxeria (DA), dividida en 100 céntimos.
-
dinar bosníaco
Unidade monetaria de Bosnia-Herzegovina, aínda que, debido á súa febleza, o marco alemán é a divisa circulante.
-
dinar de Bahrein
Unidade monetaria principal de Bahrein (BD) desde 1965, equivalente a 1,86821 g de ouro fino.
-
dinar de Croacia
Unidade monetaria principal de Croacia. En 1994 foi substituída polo kuna, equivalente a 1.000 dinares.
-
dinar iraquí
Unidade monetaria de Irak.
-
dinar kuwaitiano
Unidade monetaria de Kuwait.
-
dinar libio
Unidade monetaria de Libia.
-
dinar tunisiano
Unidade monetaria de Tunisia.
-
dinar xordano
Unidade monetaria de Xordania.
-
s
m