Diner’s Club

Diner’s Club

Organización internacional de crédito para o consumo creada nos EE UU no ano 1949. Os seus socios dispoñen dunha tarxeta persoal e intransferible que permite aboar, ao final de cada mes e con moeda nacional, todas as compras efectuadas nos establecementos acollidos ao club.