Dípilon

Dípilon

Necrópole ateniense, chamada tamén necrópole do Cerámico, por estar preto o barrio do mesmo nome. Nela localizáronse ánforas de grande altura, depositadas como exvotos con coidadas decoracións xeométricas, a xeito de grecas, losanxes ou zigzag, acompañadas de representacións humanas, zoomórficas e figurativas moi esquemáticas. A cerámica produciuse dende comezos do s IX ata finais do s VIII a C.

Palabras veciñas

dipétalo -la | diphrum* | Diphyllobothrium | Dípilon | dipir | dipiridamol | dipl(o)-