diplanetismo

diplanetismo

(< 2 di- + planetismo)

s m [MICOL]

Fenómeno relativo aos fungos que presentan dúas formas de zoosporas. As zoosporas primarias liberadas, despois de se enquistaren, orixinan unha zoospora secundaria que formará agrupacións celulares; posteriormente, enquistarán e xerminarán co que orixina un tubo xerminal e unha hifa. O período entre esporas primarias e secundarias varía segundo as especies. Pode ocorrer que as zoosporas primarias non cheguen a saír do esporanxio e só sexan libres as secundarias. Este fenómeno preséntano, entre outros, os fungos do xénero Saprolegnia.

Palabras veciñas

dipir | dipiridamol | dipl(o)- | diplanetismo | Diplecogaster | diplex | diplexía