diploma
(< lat diplōma < grδίπλωμα de διπλοῶ ‘dobrar’)
-
s
m
[ARQUIV]
Documento solemne, como unha bula ou un despacho, saído dunha chancelería imperial ou real, autorizado polo selo e as armas do monarca e, por extensión, dunha chancelería eclesiástica. Na Antigüidade romana recibían este nome os documentos que se gravaban en dúas placas de bronce e que formaban un díptico. O termo foi aplicado polos eruditos do Renacemento aos documentos e privilexios solemnes. Jean Mabillon, fundador da ciencia diplomática, adoptouno definitivamente. As formas diplomáticas poden distribuírse en tres grandes apartados: o protocolo inicial, que consta de invocación, intitulación, dirección e salutación; o texto, que comprende a arenga ou preámbulo, a notificación, a exposición, a disposición, a sanción ou a corroboración; e o protocolo final ou escatocolo, que pode incluír a aprecación, a subscrición, a datación e a validación.
-
s
m
Escrito ou acta que expiden certos organismos, como unha universidade, facultade, escola, sociedade literaria ou corporación, conferindo un título, un grao, unha prerrogativa ou un premio.