dipnoo -a
dipnoo -a
(< 2 di- + gr πνοή ‘respiración’)
-
adx e s
[ZOOL]
Aplícase ao animal que, ao longo do seu ciclo, obtén o osíxeno mediante branquias e pulmóns.
-
adx
Relativo ou pertencente aos dipnoos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da orde dos dipnoos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Orde de peixes pulmonados, da subclase dos sarcopterixios, que apareceron a principios do Devónico. Presenta tres representantes actuais: o australiano Neoceratodus, o sudamericano Lepidosiren e o africano Protopterus. Entre os xéneros fósiles, destacan: o Dipnorhynchus, o Dipterus e o Griphognathus.