dipolo

dipolo

(< 2 di- + polo)

  1. [FÍS]
    1. s m

      Sistema que presenta dúas cargas opostas en dous puntos, ou polos, tal como acontece nun imán ou nunha molécula polar.

    2. dipolo eléctrico

      Conxunto formado por dúas cargas, unha positiva e outra negativa, do mesmo valor, colocadas a unha pequena distancia unha da outra, comparada coa distancia á que se considera que teñen os seus efectos. O dipolo caracterízase polo momento dipolar (μ), produto do valor absoluto dunha das cargas constituíntes pola distancia que as separa, e mídese en coulombios por metro. Por extensión, definiuse o dipolo magnético de maneira análoga ao dipolo eléctrico cando se cría na existencia de cargas magnéticas.

  2. s m [ENX]

    Dispositivo ou circuíto formado por un conxunto de elementos activos ou pasivos procedentes de dúas terminais por onde se pode unir ao circuíto exterior.

  3. s m [COMUN]

    antena dipolo.