1 director -ra
(
-
-
director técnico/deportivo
[DEP]
Persoa que planifica e supervisa o desenvolvemento das actividades deportivas dun club. O seu labor fundamental é coordinar o traballo dos adestradores das diferentes categorías e presentarlle aos membros do consello de administración ou da xunta directiva as súas propostas para a elaboración dos cadros de xogadores dos equipos, despois de analizar e, se o considera oportuno, consultar cos adestradores as súas necesidades, en función das tácticas de xogo que desexan empregar e as esixencias das competicións que deben afrontar.
-
director xeral
[ADM]
Representante da administración xeral do Estado que exerce a xefatura dun dos centros directivos nos que se divide un departamento ministerial. En España noméanse e césanse por Real Decreto do Consello de Ministros a proposta do ministro correspondente. Entre as súas funcións, destacan as de propoñer proxectos da súa dirección xeral para acadar os obxectivos previstos, dirixir a súa execución e controlar o seu cumprimento. Nas empresas privadas existe unha figura homóloga con funcións similares no relativo aos seus asuntos.
-
s
Persoa que dirixe, goberna ou manda nunha empresa, institución ou club.
Ex: A directora do instituto di que os exames xa non se poden cambiar. O director desa fábrica está a piques de xubilarse.
Confrontacións: dirixente. -
s
[HIST]
Cada un dos cinco membros do Directorio.
-
director artístico
[IMAX]
Persoa que dirixe unha produción cinematográfica en diversos aspectos. Encárgase, principalmente, da adaptación do guión, o control da fotografía, a dirección dos actores e a montaxe do filme.
-
director creativo
[COMUN]
Responsable máximo do departamento de creatividade dunha axencia de publicidade. De entre as súas ocupacións destacan as de facer cumprir os prazos acordados dentro dos obxectivos do plan xeral da campaña, supervisar os traballos realizados polo seu equipo e facer a distribución das tarefas para cada traballo. Depende directamente do director da axencia.
-
director de arte
[COMUN]
Persoa encargada, nunha axencia de publicidade, de darlle forma á mensaxe, recomendando as solucións técnicas e creativas máis apropiadas para presentala. Depende directamente do director creativo.
-
director de compra
[COMUN]
Persoa que se encarga da compra de espacios nos soportes audiovisuais e impresos para a inserción de anuncios publicitarios. É o máximo responsable do departamento de medios.
-
director de contas
[COMUN]
Persoa que dirixe o departamento de contas ou comercial dunha axencia de publicidade. As funcións que abrangue son o mantemento de contactos periódicos cos clientes, a supervisión de xestións diversas entre o anunciante e a axencia, e a asistencia ao cliente antes, durante e despois da realización da campaña.
-
director de escena
[ESPECT]
Encargado da posta en escena dunha obra teatral. O punto de partida do seu traballo é a interpretación persoal dun texto previamente escollido, que transformará nunha nova manifestación artística ao aplicarlle os elementos escénicos de que dispón para a súa representación. Seguidamente, ocúpase da coordinación dos factores necesarios para a súa construción teatral, centrándose tanto na preparación dos actores (técnicas interpretativas, expresión corporal, movementos no espazo escénico, etc), como na plástica, que inclúe a escenografía, a iluminación, a música, os efectos especiais, o vestiario, a maquillaxe, etc. Esta figura apareceu no horizonte teatral europeo de finais do s XIX, pois ata ese momento a organización do espectáculo teatral era responsabilidade do autor, como acontece en Grecia, onde vai asociado á figura do didaskalos ou instrutor; do primeiro actor, o dominus gregis romano, e posteriormente da primeira actriz; do escenógrafo ou construtor da escena, ou do empresario da compañía ou do teatro. A partir do s XVIII serán primeiros actores -como François-Joseph Talma, David Garrick, Edmun Kean ou Charles Kean-, e primeiras actrices -como Hyppolite Clairon-, os que comecen unha serie de reflexións e debates sobre as problemáticas centrais da arte da interpretación e das relacións entre a posta en escena e a realidade, co que comeza a emerxer a posibilidade dunha nova función exercida por un novo creador: o director de escena. Foron o duque de Saxe-Meinigen, Xurxo II, e o director da súa compañía, Ludwig Chronegk, os que pasaron á historia do teatro como os primeiros en establecer as funcións, finalidades e obxectivos da dirección de escena e do propio director. En Galicia, a dirección de escena aparece asociada ás compañías que realizaban teatro afeccionado, en castelán ou en galego, desde mediados do s XIX, unha actividade na que acadaron certa relevancia Bernardo Bermúdez Jambrina, Eduardo Sánchez Miño, Leandro Carré Alvarellos, Fernando Osorio Docampo, Antonio Naveira Goday, Rodolfo López Veiga ou Agustín Magán. Posteriormente, en Galicia apareceu unha nova serie de directores de escena que contribuíron ao proceso de asentamento e regularización da actividade teatral, como Manuel Lorenzo, Eduardo Alonso, Antonio Simón, Dorotea Bárcena, Manuel Guede, Roberto Vidal Bolaño, Xulio Lago, Cándido Pazó, Ánxeles Cuña, Cristina Domínguez, Xosé Manuel Rabón, Ana Vallés ou Gustavo Pernas Cora. Xunto coa figura do director de escena, no mundo teatral existen outras funcións como a dirección artística, normalmente responsable da selección do repertorio dunha compañía ou teatro, e mesmo da selección do elenco e do equipo artístico; a dirección de produción, responsable da realización práctica do espectáculo; a dirección técnica, que tería ao seu cargo as funcións propias do rexedor, e a dirección musical, habitualmente responsable da parte musical dun espectáculo.
-
director de fotografía
[IMAX]
Técnico responsable das tomas cinematográficas que controla, define e regula todo o que contribúe á calidade visual do filme.
-
director de orquestra
[MÚS]
Persoa que dirixe a execución dunha obra na que interveñen un conxunto de intérpretes.
-
director espiritual
[RELIX]
Persoa encargada de orientar espiritualmente a outras persoas.
-
director literario
[LIT]
Responsable dunha editorial que se encarga da orientación das publicacións.
-
director técnico/deportivo
[DEP]
-
Elemento dunha antena Yagi que serve para aumentar a direccionalidade e tamén acrecentar a ganancia na dirección da emisora.