discapacidade

discapacidade

(< 2 dis- +capacidade)

s f

Restrición ou ausencia, debido a unha deficiencia, da capacidade de realizar unha actividade na forma ou dentro da marxe do que se considera normal no ser humano. Pode ser temporal ou permanente, reversible ou irreversible, e progresiva ou regresiva. Algunhas discapacidades son consecuencia directa da deficiencia e outras xorden como resposta do propio individuo a deficiencias físicas, sensoriais ou doutro tipo. Representan a obxectivación dunha deficiencia e reflicten alteracións a nivel da persoa. Clasifícanse en discapacidades da conduta, da comunicación, do coidado persoal, da locomoción, da disposición do corpo, da destreza, da situación, dunha determinada aptitude e doutras actividades.

Palabras veciñas

disbulia | discal | discalculia | discapacidade | discapacitado -da | discente | Discépolo, Armando