disfaxia

disfaxia

(< 2 dis- + gr φαγεῐν ‘comer’)

s f [PAT]

Deglutición difícil debida a un trastorno do paso dos alimentos nun punto situado entre a boca e o estómago. A disfaxia bucofarínxea inclúe a disfaxia por aptialismo, a disfaxia dolorosa (odinofaxia), a disfaxia obstrutiva, a disfaxia paralítica, a disfaxia espástica e a disfaxia histérica. As causas da disfaxia esofáxica son a obstrución mecánica por procesos intrínsecos, ou ben, por compresións extrínsecas, e os trastornos da motilidade.

Palabras veciñas

disestesia | disestésico -ca | disfasia | disfaxia | disfemia | disfemismo | disfonía