disfunción

disfunción

(< 2 dis- +función)

  1. [PAT]
    1. s f

      Alteración, cuantitativa ou cualitativa, dunha función orgánica.

    2. disfunción sexual

      Trastornos, de diferente tipo e de orixe diversa, caracterizados por unha alteración do desenvolvemento da resposta sexual humana que imposibilita levar a termo unha relación sexual satisfactoria.

  2. s f [SOCIOL]

    Conxunto de dificultades de adaptación dunha unidade social a un contexto determinado, que eventualmente leva ao cambio e mesmo á desaparición desta unidade. É fundamental na teoría sociolóxica funcionalista, especialmente en Parsons e Merton, que diferenciou a disfunción manifesta e a latente, segundo sexa voluntaria ou involuntariamente perniciosa.

Palabras veciñas

disfrace | disfrasia | disfrazar | disfunción | disglosia | disgrafía | disgregabilidade