disgregación

disgregación

(

  1. s f

    Acción e efecto de disgregar ou disgregarse.

  2. s f [QUÍM]

    Operación química que consiste en solubilizar substancias insolubles en auga ou nos ácidos disolventes habituais na análise química. Os reactivos engádense en estado sólido e a mestura fúndese. Segundo a natureza dos reactivos e do fundente, a disgregación pode ser ácida ou alcalina, coas súas variantes oxidante, redutora e sulfurosa.

  3. s f [XEOL]

    Separación dos grans ou dos diferentes elementos que compoñen unha rocha por causas mecánicas ou químicas.

  4. [PSIC/MED]
    1. disgregación mental

      Trastorno do pensamento que consiste nunha falta de estruturación e coherencia mental.

    2. disgregación psíquica

      Trastorno no que se dá unha desconexión evolutiva entre os diferentes elementos do psiquismo.

Palabras veciñas

disglosia | disgrafía | disgregabilidade | disgregación | disgregante | disgregar | disharmonía