Disneyland París

Disneyland París

Parque de atraccións baseado nas personaxes creadas por Walt Disney e establecido en Marné-la-Vallée, a 32 km de París, desde o 12 de abril de 1992. Forma parte dos proxectos de expansión da empresa Disney polo mundo. Conta con máis de 12.000 empregados repartidos entre as diversas atraccións e os hoteis. Ademais, está situado nun importante nó de comunicacións de autoestradas, unido a París mediante o tren de alta velocidade e a medio camiño dos aeroportos de Orly e Roissy-Charles-de-Gaulle.

Palabras veciñas

dismutación | Disney, Walt | Disneyland | Disneyland París | Disneyworld | diso | disociabilidade