disparador -ra
(< disparar)
-
adx e s
Que ou quen dispara.
Ex: Os técnicos probaron os mecanismos disparadores. O disparador deu xusto no branco.
-
s
m
[BÉL]
Mecanismo dunha arma de fogo portátil que transmite o movemento do gatillo ao gancho que retén a agulla percusora para que, ao liberala, golpee o fulminante que acende a carga de proxección da bala.
-
s
m
[FOTOG]
Dispositivo de natureza mecánica ou electromecánica que acciona o obturador para que deixe entrar a luz ao interior da cámara durante un tempo determinado. O disparador automático é un dispositivo electromecánico que acciona o disparador despois dun tempo determinado.
-
s
m
[MAR]
Resorte de ferro que se fixa á serviola da áncora para lanzala á auga no momento preciso de encontrarse a nave no lugar de ancoraxe.
-
disparador Schmitt
[TECNOL]
Dispositivo electrónico que converte sinais de entrada, con variacións de tensión moi lentas, en sinais de variación abrupta (case descontinua) para un determinado valor de entrada. Emprégase para transformar un sinal nunha onda cadrada.