dispensario
dispensario
(< dispensar)
s
m
Centro de asistencia pública vinculado aos servicios de asistencia sanitaria colectivos. Os primeiros dispensarios foron creados polas asociacións de beneficencia co fin de ofrecer, gratuitamente, tanto asistencia médica como medicamentos. A partir do s XIX transformáronse en centros de diagnóstico e profilaxe.