distensión
(
-
s
f
Acción e efecto de distender ou distenderse.
Ex: A distensión da bésta fixo que a seta chegase máis lonxe. O pacto provocou a distensión entre os dous países.
-
s
f
[LING]
Terceiro e último momento da articulación dun son no que os órganos se relaxan e pasan a unha posición de repouso relativo, se segue unha pausa; ou á posición típica da primeira fase intensiva do son seguinte.
-
distensión cómica
[LIT]
Elemento que se incorpora a un contexto serio ou formal para conseguir un efecto humorístico. O seu obxectivo é suavizar a tensión emocional dunha obra literaria ou incidir na súa condición seria ou tráxica, por contraste. Entre os recursos máis habituais cóntanse a introdución dun personaxe, dun acontecemento inesperado ou dun discurso que altera a seriedade da trama.
-
distensión tectónica
[XEOL]
Fase de descanso das forzas tectónicas no proceso oroxénico. Os dobramentos formados na fase precedente consolídanse e chegan a producirse fracturas (fallas normais).