distintivo -va

distintivo -va

(< distinto)

  1. adx

    Que serve para distinguir.

    Ex: Esa cor é algo distintivo desa especie.

  2. adx [LING]

    Aplícase ao trazo articulatorio ou acústico que, na realización dos fonemas, é susceptible de exercer valores discretos diferenciais respecto doutras realizacións. Cando un destes trazos é común a unha serie de realizacións fonemáticas denomínase marca de correlación. Por exemplo, os trazos distintivos do [p], en galego, son: [consoante], [xordo], [oral], [oclusivo], [bilabial]. Por [consoante] oponse ás vocais, por [xordo] a [b], por [oclusivo] a [f] e por [bilabial] a [t] e a [k].

  3. s m

    Trazo que distingue ou caracteriza algo, especialmente o obxecto que identifica os pertencentes a algunha profesión ou grupo

    Ex: A coroa é un distintivo real.

  4. [MAR]
    1. s m

      Bandeira especial que se iza nun navío para indicar a presenza dunha persoa a quen lle corresponden determinados honores.

    2. distintivo de clase

      Sinal que se asigna á embarcación de regatas que pertence a unha clase internacional.

Palabras veciñas

distinguible | distinguido -da | distinguir | distintivo -va | distinto -ta | disto | distocia