disxunción

disxunción

(

  1. s f

    Acción e efecto de separar ou desunir unhas partes das outras.

  2. s f [BIOL/XEOL]

    Ruptura bioxeográfica que non permite o fluxo xenético entre dous núcleos poboacionais dunha mesma especie. Esta ruptura pode ser por barreiras naturais, como os cambios xeolóxicos ou climáticos, ou por efecto do home, como as grandes infraestruturas (encoros, autoestradas, etc) ou a deforestación de extensións de terreo.

  3. s f [XEN]

    Separación normal dos cromosomas homólogos durante a meiose. A non disxunción orixina gametos euploides.

  4. s f [LING]

    Separación de dúas ou máis unidades lingüísticas que loxicamente deberían ir xuntas.

    Ex: A profesora -din que é esa- de química é a máis dura do centro.

  5. s f [LING]

    Relación semántica que se expresa mediante unha coordinación disxuntiva. Pódese distinguir a disxunción exclusiva e a disxunción inclusiva. A primeira implica a elección dun dos seus elementos e a exclusión dos outros (Unha de dúas: ou ves ou quedas); mentres que a segunda implica unha alternativa na que a escolla non invalida necesariamente as outras opcións ofrecidas (Poden participar no concurso de debuxo cativos de dez ou doce anos).

  6. s f [FILOS]

    Nome de dúas conectivas binarias: a disxunción inclusiva, que na lóxica simbólica se representa co signo (v), e a disxunción exclusiva, representada polo signo (F). A inclusiva p v q, lese “p ou q”, e a exclusiva pFq, lese “ou p ou q”.

  7. s f [LIT]

    asíndeto.

Palabras veciñas

disxenesia | disxénico -ca | disxerminoma | disxunción | disxuntiva | disxuntivo -va | disxunto -ta