ditónica

ditónica

(< 2 di- + tónica)

s f [LIT]

Palabra na que existen dúas sílabas acentuadas. A dobre acentuación é un recurso habitual na poesía, producido cando o esquema rítmico fixado para a composición fai recaer o acento nunha sílaba átona, de xeito que a palabra en cuestión engade ao acento que ten de seu un segundo determinado polo ritmo. O resultado é a adecuación do verso no que se inclúe aos distintos ritmos acentuais.

Palabras veciñas

ditongación | ditongar | ditongo | ditónica | dítono | ditoso -sa | ditrema