divagante
divagante
(
-
adx
divagador.
-
adx
[ECOL]
Aplícase ao animal que se presenta, de xeito ocasional, fóra da área de distribución habitual. É frecuente no caso dalgunhas aves migratorias cando se desvían da súa ruta; por exemplo, a aparición de limícolos americanos nas costas galegas.
-
adx
[XEOG]
Aplícase ao curso dunha corrente de auga nun tramo concreto, no que amosa direccións cambiantes nun período de tempo relativamente breve. Débese á existencia dunha pendente moi débil, circunstancia que non favorece a incisión basal.