diván

diván

(< ár dīwān

  1. s m

    Especie de sofá baixo, sen respaldo, que ten coxíns soltos e que pode facer de leito.

  2. s m

    Sala de recepción das casas turcas ou persas, provista ao seu redor de coxíns para sentarse.

  3. s m [HIST]
    1. Sala onde se reunía o consello de estado no Imperio Otomano.

    2. Nome dado ao consello que foi, ata o s XVII, o organismo central do goberno do Imperio Otomano. A súa función era consultiva e as decisións finais eran da incumbencia do gran visir.

  4. s m [LIT]

    Na literatura islámica, colección de obras poéticas dun autor. Na época moderna, autores como Goethe ou F. García Lorca usaron este termo para designar coleccións de poemas de tema exótico.

Palabras veciñas

divagar | divalencia | divalente | diván | divaricado -da | diverbium* | diversidade