divertículo

divertículo

(

  1. s m [PAT]

    Evaxinación ou dilatación circunscrita que pode aparecer en calquera segmento do tubo dixestivo. Cualifícase de sésil cando a comunicación entre o órgano e o divertículo é ampla, e de pediculado cando é estreita. A maior frecuencia de aparición de divertículos no home corresponde ao duodeno e ao colon sigmoide; o terceiro lugar corresponde ao esófago e despois ao intestino delgado. Os divertículos poden ser conxénitos ou ben adquiridos; poden permanecer case asintomáticos ou producir molestias pouco precisas mentres non se inflamen. Os episodios de inflamación (diverticulite) son frecuentes no intestino groso.

  2. divertículo de Meckel [ZOOL]

    Parte do conduto onfalomesentérico que non sufriu regresión. Localizado no intestino delgado a unha distancia variable da válvula íleocecal, ten unha lonxitude de 2 a 20 cm.

Palabras veciñas

diverso -sa | diversorio | diverticulite | divertículo | diverticulose | divertido -da | 1 divertimento