divisor -ra
(< lat divīsōre)
-
adx
Que serve para dividir ou separar.
Ex: O regueiro divisor das dúas tapadas é moi rico en anguías.
-
[MAT]
-
s
m
Número que outro contén exactamente dúas ou máis veces.
-
s
m
Número ou polinomio que divide a outro.
-
divisor de cero
Nun anel (A,+,´), elemento a tal que o seu produto cun elemento b diferente de cero (cero é o elemento neutro da suma) é igual a cero: a´b=0. Os aneis sen divisores de cero denomínanse dominios de integridade.
-
máximo común divisor [MCD]
O máis grande dos números ou polinomios que dividen exactamente dúas ou máis cantidades ou polinomios.
-
s
m
-
s
m
[IND]
Accesorio das ferramentas mecánicas que permite soster a peza durante a mecanización e, ao mesmo tempo, efectuar un determinado número de fresados, furados, etc.
-
divisor de frecuencia
-
[TECNOL]
Dispositivo ou circuíto electrónico que produce unha onda de saída da que a súa frecuencia é un submúltiplo da de entrada.
-
[FÍS]
Dispositivo que se emprega nos sistemas que usan máis dun altofalante e que se encarga de distribuír as frecuencias segundo as características de cada altofalante.
-
[TECNOL]
-
divisor de tensión
[FÍS]
Dispositivo formado por dúas ou máis resistencias en serie, nas que se aplica unha tensión nos seus extremos; dunha das resistencias intermedias pódese extraer unha tensión reducida, que constitúe unha fracción determinada da tensión total aplicada.
-
divisor de voltaxe/de potencial
[FÍS]
Resistencia ou cadea de resistencias que están conectadas en serie e que se unen a distintos puntos para obter unha fracción coñecida da voltaxe total entre a resistencia ou a cadea de resistencias.