dixitalina
dixitalina
(< dixital)
s
f
[QUÍM]
Glicósido que se extrae das follas do estraloque, xunto coa dixitoxina, a xitoxina e a xitalina. Ten importantes efectos cardiotónicos, diminúe as contraccións cardíacas e aumenta a presión arterial e a diurese. Ten un efecto acumulativo polo que o seu uso prolongado pode resultar tóxico.