doador -ra
(< lat donātore)
-
adx e s
Que ou quen doa algo desinteresadamente.
Ex: Agradecéronlle a súa xenerosidade á entidade doadora. A asociación subsistía gracias ás achegas de doadores anómimos.
-
-
adx e s
Aplícase á persoa que doa, de xeito altruísta, sangue ou órganos do seu corpo para que lle sexan transfundidos ou transplantados a outra persoa.
Ex: Necesitan algunha persoa doadora de sangue do grupo A. Fíxose doador de órganos.
-
doador universal
[MED]
Individuo de sangue compatible coa do resto da poboación polo que pode ser transfundido a calquera receptor. Normalmente, só se teñen en conta os sistemas antixénicos AB0 e Rh, de xeito que o doador universal sería o grupo 0 negativo, xa que carece de antíxenos A, B e Rh.
-
adx e s
-
s
[ARTE]
Persoa que corría cos gastos dunha obra de arte ou arquitectónica, normalmente de carácter relixioso, e na que adoitaba aparecer a súa imaxe.
-
adx e s
m
[FÍS]
Átomo que, nun semicondutor, está contido como impureza ou incorporado intencionadamente a un elemento capaz de doar un electrón. Nun semicondutor de silicio emprégase, xeralmente, o antimonio, o fósforo e o arsénico. O semicondutor con átomos doadores presenta unha condutividade elevada debida aos electróns libres; un semicondutor nestas condicións chámase de tipo n.
-
adx e s
m
[QUÍM]
Substancia que, nas reaccións químicas heterolíticas, proporciona electróns. Segundo o punto de vista, un doador pódese considerar como unha base de Lewis ou como o reactante nucleofílico.