docente

docente

(< lat docente, p pres dedocĕre ‘ensinar’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos ensinantes ou ao ensino.

    Ex: Xurdiron críticas contra a nova lei que regulará a actividade docente.

  2. adx e s

    Que ou quen se dedica ao ensino.

    Ex: O programa foi elaborado polo equipo docente do centro. É o docente con máis antigüidade no departamento.

    Confrontacións: ensinante.

Palabras veciñas

doceavo -va | doceiro -ra | docencia | docente | docere* | docería | doceta