documentalista

documentalista

(< documental)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao documentalismo.

    Ex: A súa obra estaba influenciada pola tradición documentalista.

  2. s

    Persoa que se dedica a facer documentais para cine ou televisión.

  3. s

    Profesional ou estudoso que se dedica á preparación e elaboración de información científica para a súa difusión en diversas formas. Diferenciouse tradicionalmente do bibliotecario, porque trata cun material máis amplo e está á fronte dun establecemento informador, que pode carecer da presenza real de fondos. A presenza de numerosas bibliotecas especializadas, nas que a documentación e as técnicas documentais teñen moita importancia, permiten unha aproximación entre ambas as tarefas. Entre as súas funcións inclúense a recollida e organización da información, a conservación das obras de referencia, a resposta das consultas puntuais, a identificación das referencias, a orientación do usuario cara a fontes externas e a colaboración na difusión dos novos documentos que vaian chegando ao centro.