dodo

dodo

(< port doudo, a través doingl dodo)

Nome científico: [Raffuscucullatus, Fam dos ráfidos]
s m [ANIMAL/ORNIT]

Ave de 70 cm de altura, de corpo groso, cabeza maciza, bico alongado e moi curvado cara a abaixo na punta, ás moi curtas e patas robustas de catro dedas. A plumaxe era de cor cinsenta escura na cabeza e no dorso, de cor branca no peito e na cola, e de cor amarelenta nas ás. O peteiro era escuro coa punta amarela. A femia poñía un único ovo, de gran tamaño, que incubaba durante 49 días a parella, nun niño voluminoso de ata 40 cm de altura. Propia dos bosques da Illa Mauricio, constituíu unha forma propia destas illas, evolucionada como un ave pesada e terrestre a partir duns antecesores, posiblemente pombas, que acadaron as illas voando, e perderon logo esta facultade en favor dun maior volume corporal, vantaxe clara para un animal que se alimentaba de froitos e sementes en ausencia de depredores. A illa foi descuberta en 1505 polo navegante portugués Pedro de Mascarenhas e colonizada por holandeses a partir do 1598, que cortaron os bosques e instalaron cultivos de cana de azucre. Os dodos non identificaron os homes como un perigo e estes cazáronnos sen piedade como alimento ata que, en 1681, a especie foi extinguida. De feito, só se conservan, en museos europeos, algúns debuxos, dúas cabezas e dúas patas.