dogo

dogo

(< ingl dog ‘can’)

s m [ZOOL]

Raza de cans de máis de 80 cm de altura na cruz e 80 kg de peso, co corpo groso e forte, e coas patas longas e robustas; a cabeza é alongada e presenta grandes comisuras labiais, pálpebras moi patentes e orellas, as máis das veces, recortadas na punta. O pelo é moi curto, aplastado e liso, de cor variable: dende acastañada dourada -que pode presentar finas liñas verticais negras-, azul cinsenta, negra ou branca con grandes manchas negras. Chegou a Europa cos pobos alanos e na Idade Media aparece distribuído por gran parte do continente. Empregouse na caza de osos, xabarís e lobos. De carácter social e tranquilo, constitúe un can de compaña. Tamén recibe a denominación de gran danés.