dolicocéfalo -la
dolicocéfalo -la
(< dolico- + -cefalo)
-
adx
[ANTROP]
Aplícase ao cranio longo e estreito, cunha relación entre o ancho máximo e o longo máximo que dá un índice cefálico menor de 75,9. Considerouse típico das razas humanas de pel escura; sen embargo, moitos dos pobos de África e Oceanía son tipicamente mesocéfalos ou braquicéfalos, mentres que nos pobos nórdicos e mediterráneos europeos de pel branca predomina a dolicocefalia.
-
adx e s
[ANTROP]
Que ou quen presenta un cranio longo e estreito.