dona

dona

(

  1. s f

    2 don.

  2. s f

    Muller casada, en relación ao marido.

    Ex: A dona de Xaquín vai ter un neno.

    Sinónimos: muller.
  3. s f

    Muller pertencente á nobreza.

  4. s f [LIT]

    Nos textos literarios medievais galego-portugueses pode adquirir o valor sémico xenérico de ‘muller’ fronte a ‘home’, de ‘muller casada’ fronte a ‘doncela’, e dentro da tipoloxía social medieval -a diferenza da designación xenérica de molher-, de ‘dama’ da alta nobreza (acepción na que concorre co termo feminino senhor), que na koiné literaria da cantiga de amor adopta a configuración dunha muller abstracta idealizada, inaccesible, obxecto dos sentimentos do poeta e causa do seu sufrimento. Por esta razón, este termo aparece sobre todo nas cantigas de amor, por ser o xénero aristocrático por excelencia da lírica profana galego-portuguesa, mentres que nas cantigas de amigo e escarnio diminúe o seu uso. Nas cantigas de amigo pode funcionar, ademais, como apóstrofe para converterse, as máis das veces, en confidente pasivo que escoita o que a namorada está a cantar sen intervir na acción.

  5. s f [MIT]

    Ser fantástico que, na mitoloxía popular galega, se caracteriza como unha muller fermosa con poderes máxicos que vive nos castros, castelos, ruínas, fontes ou na natureza.

  6. dona das paredes [ANIMAL]

    donicela.