Doncide
Doncide
Mansión romana situada en Santiago de Silva (Pol), datada na segunda metade do s III. Puido dedicarse á explotacion agraria, vinculada coa introdución de novos produtos como o trigo, o aceite ou o viño, e a gandería. Localizáronse fragmentos dun mosaico realizado con teselas brancas e grises e con decoracións xeométricas que separaban elementos zoomorfos dun motivo floral.