dono -na
dono -na
(< lat domĭnu)
s
Persoa que ten ou posúe algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Á casa de moitos donos nunca lle faltan pingueiras. A facenda, seu dono a vexa. O pé do dono é esterco para a leira. Do que alleo for, o que o dono quixer. Os donos gástano, e os criados gáñano. Cal o dono, tal o can”.
Ex: O dono da casa non estaba cando ocorreu o accidente.
Sinónimos
Citas
- O dono da casa non estaba cando ocorreu o accidente.