Dopico
Dopico
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica pico e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XVIII: “Dominga do Pico” (doc ano 1752 en La Coruña 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 122). Tamén se grafa Do Pico.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, dúas árbores de sinople.