Dorcus
Dorcus
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de coleópteros da familia dos lucánidos ao que pertence a especie D. parallelepipedus, que na fase adulta se presentan como escaravellos de corpo groso, de ata 32 mm de lonxitude, de cor escura ou loura, cunhas antenas co extremo en abano de 4 artellos, ollos divididos en dúas partes por un saínte da cabeza e mandíbulas fortes de tamaño semellante nos dous sexos. Na fase de eiruga desenvólvense na madeira podre de carballos ou doutras frondosas. Recibe a denominación popular de carroucha.