dormente

dormente

(< durmir)

  1. adx

    Que dorme.

    Ex: Imos ver pola noite A bela dormente.

  2. adx

    Aplícase á parte do corpo que queda insensibilizada momentaneamente.

    Ex: Cando se ergueu da cadeira tiña a perna dormente.

  3. adx [HERÁLD]

    Aplícase ao animal en actitude de durmir, coa cabeza apoiada nas patas dianteiras.

  4. s m
    1. [CONSTR]

      Madeiro ou pedra colocada normalmente no chan, que serve de apoio a outras situadas horizontal ou verticalmente. OBS: Tamén se chama pé dormente.

    2. [MAR]

      Cada unha das pezas de madeira dun barco nas que se cravan as táboas do sollado.