dose
(
-
s
f
[MED]
-
Cantidade dun produto farmacoloxicamente activo que, administrada, é capaz de provocar un efecto determinado. Denomínase dose tóxica aquela que produce síntomas de disfunción fisiolóxica no organismo. A dose letal (DL) é a dose mínima mortal para a totalidade dos organismos tratados; cando a mortalidade é da metade emprégase a notación DL 50 . Recibe o nome de dose mínima efectiva a menor cantidade de substancia capaz de producir un efecto. A dose máxima é a cantidade máxima de substancia que pode tolerar un organismo sen que lle produza síntomas tóxicos. A dose terapéutica é a cantidade de substancia que produce un efecto medicamentoso sen provocar síntomas tóxicos, e está comprendida entre a dose máxima e a dose mínima efectiva.
-
Cantidade de droga que se toma dunha vez.
-
-
s
f
Cantidade dunha substancia que se lle engade a outras para elaborar algo.
Ex: As doses de sal e de azucre son moi pequenas para facer este pastel.
-
s
f
Cantidade de algo inmaterial.
Ex: Necesito unha boa dose de paciencia para estar contigo.
-
dose absorbida
[FÍS]
Magnitude física que expresa a cantidade de enerxía cedida por unha radiación que ioniza a unidade de masa irradiada. A unidade no SI de dose absorbida é o gray, aínda que normalmente se usa o rad, que equivale a unha centésima de gray.
-
dose equivalente
[FÍS]
Enerxía, na protección radiolóxica, que unha radiación de referencia tería que lle comunicar á unidade de masa dun tecido para producir o mesmo efecto biolóxico ca a dose absorbida da radiación estudiada. O seu valor é igual ao produto da dose absorbida multiplicada por uns factores de corrección. A unidade no SI é o sievert, e cando a dose absorbida se expresa en rad, é o rem.
-
dose xénica
[XEN]
Número de copias dun xene presentes nun núcleo ou nunha célula. O seu aumento supón a formación de maiores niveis de produto xénico.