Dosindo/Dosinda
Dosindo/Dosinda
[ONOM]
Antropónimo que ten a súa orixe nun hipocorístico. Probablemente sexa unha forma con aférese procedente do nome latinizado de orixe xermánica Ildosindus, formado polas voces hildi ‘combate, loita’ e swind ‘forte’. Xa nos textos medievais se recollen múltiples formas, como Ildosindo e Eldosindo (masculinas) ou Ildosinda, Eldosinda, Elsinda e Adosinda (femininas). A festividade de santa Dosinda celébrase o 21 de decembro.