doutoramento

doutoramento

(< doutorar)

  1. s m

    Acción e efecto de doutorar ou doutorarse.

  2. s m

    Grao máximo concedido pola universidade ou por determinadas escolas técnicas superiores.

  3. s m

    Estudios universitarios de terceiro ciclo aos que se poden acceder despois de acadar o título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto. Estes estudios comportan a realización de determinados cursos baixo a dirección dun departamento universitario, que teñen como finalidade a especialización do estudante e a súa formación nas técnicas de investigación dentro dunha área de coñecemento e que teñen unha duración mínima de dous anos. Despois de superar estes cursos o doutorando debe defender unha tese doutoral para recibir o grao de doutor.

Palabras veciñas

Doutón | doutor -ra | doutoral | doutoramento | doutorando -da | doutorar | doutrina