Dovao

Dovao
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica “vao” e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no século XIV: “Garcia Peres Vao” (doc ano 1348 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 641). Adoita grafarse con -b- non etimolóxico: Dobao.