doxa

doxa

(

  1. s f [RELIX]

    Termo bíblico que na versión dos Setenta expresa a gloria de Deus e a súa manifestación ao home. Correspóndese co termo hebreo Kābōd, que implicaba nun principio a idea de solidez e valor, e que no Antigo Testamento era sinónimo de riqueza e éxito, mentres que no Novo Testamento a doxa ten o sentido de honor, poder e revelación de Deus.

  2. s f [FILOS]

    Opinión ou crenza persoal. Na filosofía clásica contraponse ao concepto de verdade e de certeza, e designa o carácter relativo ou deficiente do coñecemento humano ordinario.