Drac, covas do
Drac, covas do
Grupo de covas do levante de Mallorca, localizadas a un quilómetro ao S de Portocristo. Escavadas nas molasas brancas que constitúen unha plataforma tabular de 30 m sobre o nivel do mar, destaca a abundancia e proximidade de finas estalactitas, que contrastan coa amplitude, a alzada e a irregularidade das estalagmitas, as grandes dimensións do conxunto. A primeira exploración científica, de E. A. Martel, patrocinada polo arquiduque Luís Salvador de Austria, tivo lugar en 1896.