Dracula
Dracula
[IMAX]
Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1992. Foi dirixida por Francis Ford Coppola e interpretada por Gary Oldman, Winona Ryder, Anthony Hopkins e Keanu Reeves, entre outros. Este filme, gañador de tres Oscar, pretende ser a adaptación fiel ao cine da novela homónima do escritor irlandés Bram Stoker. O resultado é unha película marcadamente barroca con reminiscencias doutras producións sobre o mito de Drácula. Destaca polo seu colorido, as súas imaxes rápidas e o seu coidado vestiario.