draga

draga

(< ingl drag < to drag‘rastra’)

  1. s f [CONSTR]

    Calquera ferramenta ou aparello que serve para escavar terreos subacuáticos. Todo o mecanismo de mando e movemento da ferramenta que recolle os materiais vai montado nunha barcaza con dispositivos para almacenar os materiais extraídos ou cun sistema para transportalos a un lugar adecuado. Hai catro clases principais de dragas: draga de culler, a máis empregada, que ten unha pa montada no extremo dun brazo móbil, e a súa descarga faise abrindo o fondo; a draga de alcatruz ou rosario que leva unha cadea de pas montadas sobre un bastidor móbil; a draga de culler autoprensora, formada por dúas partes iguais articuladas que recollen a lama que queda entre elas; e a draga aspiradora que recolle os sedimentos mediante sución.

  2. s f [MAR]

    Embarcación provista dun aparello dragador.