dramatis personae*
dramatis personae*
[LIT/ESPECT]
Lista de personaxes que se sitúa ao comezo das edicións de textos teatrais. En ocasións, os nomes van seguidos dunha breve caracterización descritivo-narrativa na que se reflicte a visión que o autor ten dos personaxes para orientar o xuízo do lector. Pode engadirse tamén a mención dos actores que representaron por primeira vez a obra, así como a data, teatro e cidade na que tivo lugar a estrea. A orde na que se dispoñen, o seu número, os nomes, o sexo, a idade, etc, adiantan información para a comprensión da peza. Por extensión, alude aos personaxes dunha obra narrativa ou dramática.