drávida
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo drávida
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo drávida.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo da Antigüidade que se estendía pola India e Birmania. Dedicábanse á agricultura e asentábanse en poboados integrados nunha cultura de cidades estado. Son maioritarios nos estados do S e do centro da India (Tamil Nadu, Kerala, Karnataka e Andhra Pradesh).
-
[ARQUIT]
Templo hindú de planta octogonal.
-
linguas drávidas/dravídicas
[LING]
Familia de linguas faladas na India. O seu dominio lingüístico estendíase por toda a India antes da conquista aria. O mapa lingüístico das linguas drávidas vai de Baluchistán ao S da India, pasando polo N do Deccan. A fonética das linguas drávidas influíu considerablemente no sistema fonético do indoario, sobre todo no campo das consoantes retroflexas. Morfoloxicamente, as raíces dravídicas non teñen nada que as caracterice como verbos ou como substantivos; a determinación establécese mediante sufixos e desinencias, características de cada categoría. A oración comeza co suxeito e o predicado vai detrás das formas rexidas. Literariamente, as linguas drávidas máis destacadas son o támil, o malaialam, o telugu e o kanarés.