drenaxe

drenaxe

(

    1. s f

      Operación de extracción do exceso de auga dun terreno húmido a través de dispositivos ou de construcións axeitadas.

      Ex: Efectuaron a drenaxe do terreo para construír un aparcadoiro subterráneo.

    2. drenaxe vertical

      Sistema empregado para acelerar o proceso de consolidación dun terreo ao facilitar a saída da auga intersticial da terra.

  1. s f
    1. Conxunto de medios destinados a drenar.

      Ex: Instalaron unha nova drenaxe no xardín.

    2. [MED]

      Medida pola que queda asegurada a saída de líquidos, sépticos ou asépticos, dunha ferida ou cavidade.

      Ex: Fixéronlle unha drenaxe despois da operación de colon.

  2. s f [FÍS]
    1. Derivación permanente de corrente cara a unha resistencia conectada en paralelo cunha carga variable, co fin de conseguir unha mellor regulación dunha fonte de alimentación e evitar tensións excesivas en baleiro ou con pouca carga.

    2. Procedemento de protección catódica, empregado especialmente contra correntes errantes.

  3. s f [XEOL]

    Evacuación das augas dunha rede fluvial.

    Ex: Fixeron a drenaxe do río para efectuar a súa limpeza.

Palabras veciñas

Dreissena | drenador | drenar | drenaxe | dreno | Drenthe | Drepanaspis