drílido -da

drílido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos drílidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos drílidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de coleópteros á que pertence o xénero Drilus. Os individuos machos caracterízanse na fase adulta por ser escaravellos de entre 4 e 8 mm, de corpos ovados, aplanados e de cores escuras, con inmensas antenas pectinadas; e as femias presentan un corpo alongado, de entre 13 e 15 mm, semellante ás larvas, e son ápteras. As larvas aliméntanse de caracois aos que lles poden perforar a cuncha para acadar o corpo mol. A familia está presente nas partes cálidas de Europa, Asia Menor, África e S da India.

Palabras veciñas

drift* | Drifters | dril | drílido -da | drimónimo | Drin | Drina